Invista na súa nova residencia no lugar máis exclusivo, tranquilo e cativador das Rías Baixas.
Unha grande oportunidade para adquirir unha propiedade, xa construída e dispoñible, na última zona urbanizable da Illa da Toxa.

Residencial Illa da Toxa: un valor seguro por menos do que imaxina.
TOJAMAR ofrécelle a posibilidade de adquirir unha propiedade nunha das rías máis fermosas de Galicia, afastado do ruído pero preto de todo o ocio e o relax que vostede e a súa familia buscan para as súas escapadas e retiros de vacacións.
Trátase dunha grande oportunidade se busca investir nun valor seguro, xa que o Residencial Illa da Toxa representa a última oportunidade de acceder a unha vivenda de nova construción na illa, pois foi edificado sobre o último solo urbanizable dispoñible. Unha urbanización concluída e cuxas vivendas están dispoñibles de xeito inmediato.

A urbanización
O residencial componse de 144 magníficas vivendas xa construídas e dispoñibles para a súa entrega inmediata.
Trátase dunha urbanización pechada, con primeiras calidades en vivendas de 3 ou máis dormitorios, 2 ou máis baños, con grandes terrazas, vistas á ría, piscina comunitaria, zonas comúns axardinadas e amplas prazas de garaxe.

Un residencial
amplo, cómodo e exclusivo
amplo, cómodo e exclusivo
PLANO DE PISO TIPO A
100 m2 · 3 dormitorios · 2 baños · ampla terraza

PLANO DE PISO TIPO B
100 m2 · 3 dormitorios · 2 baños · ampla terraza

PLANO DE ÁTICO DÚPLEX
140 m2 · 3 dormitorios · 3 baños · 2 terrazas

Un paraíso ao seu alcance.
SOLICITE INFORMACIÓN
Para calquera dúbida ou para concertar unha visita aos nosos pisos pilotos, escríbanos e porémonos en contacto con vostede.